Mac OS X Jaguar | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Apple Inc. |
Sitio web | www |
Mac OS X Jaguar (versión 10.2) é a terceira versión de macOS, o sistema operativo e servidor de Apple Inc. Substituíu a Mac OS X Puma e precedeu a Mac OS X Panther. O sistema operativo foi lanzado o 23 de agosto de 2002. Estaba dispoñible tanto para instalacións nun só ordenador como nun "paquete familiar" que permitía realizar cinco instalacións en ordenadores distintos nunha mesma casa.[1] Jaguar foi a primeira versión de Mac OS X en utilizar publicamente o seu nome en clave en mercadotecnia e publicidade.[2]